A xentrificación mata (cando menos as vistas, no Barrio Alto de Vigo)

rua hortas 2Lembrome como se fose hoxe, pero foi fai 9 anos. Daquela só tiña 24 anos pero xa estaba de “volta”; estivera vivindo (por breves periodos de tempo) en Londres, Compostela, Lisboa e A Habana, e ainda que me gustara andar polo mundo, nese verán de 2006 decidín que sempre ficaría a vivir, traballar e loitar en Vigo (as tres cousas por igual, doutro xeito non pode ser).
Así pois estaba a dar un paseo co meu colega Xavi pola Ferrería, cando reparei e dixenlle: “Xa verás, esta zona é caralluda, dentro duns anos isto será como o Soho de Londres“.
Quería decir que aquel barrio casi baleiro, con moitas casas e rúas en ruina, no que apenas vivía xente e no que prácticamente so quedaban con actividade comercial uns decrépitos clubs de alterne, “necesariamente“ ía ser aproveitado polo novo Vigo que se me antoxaba que ia nacer daquela. Sería aquel un barrio “alternata“, pero non necesariamente “moderno”, no que  agromarían as iniciativas da mocidade coma min, pero no que (e por que non?) ainda perviviría o Vigo decrépito que tanto caracter e ensinanzas nos ten.

“Fai anos, eu cria que a Ferrería sería un barrio ‘alternata”, no que agromarían as iniciativas da mocidade pero no que continuarían as pervivencias do pasado”

Seguir lendo

Patrimonio Social e cultura libre.

Nas últimas décadas forón moitos os avances que se teñen dado no eido da chamada “Cultura Libre”. Hoxe en día, quizais máis que nunca, unha inmensidade de obxetos da cultura inmaterial circulan pola nosa sociedade. A través da rede, as bibliotecas, arquivos e o intercambio directo entre persoas, boa parte do mundo pode atopar con licencia libre unha gran cantidade e calidade de pezas de música, escritos, sofware, deseños, fotografías, películas,… Ainda máis

O engano da “produtividade laboral”.

”Se non se aumenta a produtividade e se non se teñen os custos salariais adecuados, a empresa acaba fechando e ese traballador que quere cobrar máis ao final non acaba cobrando máis que o paro … para sair da crise económica os traballadores deben traballar máis e, desgraciadamente, gañar menos…os empresarios xa están gañando menos, e incluso hai moitos que xa están perdendo.” Gerardo Díaz Ferran.Ex-presidente da CEOE(1).

Gerardo_Díaz_Ferrán_(2010)

Ainda máis