Soberania alimentar.

O sistema industrial de produción e comercialización de alimentos caracterízase pola insustentabilidade, a oligarquía e a exportación relegando a un segundo plano a satisfacción das necesidades alimentares das poboacións locais. Centrada na obtención dun beneficio capitalista, actúa dun modo que impide a labregos e labregas acceder aos recursos necesarios para producir os alimentos básicos e reduce á mínima expresión a capacidade do consumidor de decidir que alimentos consumir. Ainda máis

Soberanía alimentaria e feminismo.

A Marcha Mundial das Mulleres (MMM) adoptou unha postura totalmente contraria á industria alimentaria no VI Encontro Internacional de Perú, 2006, ao asumir o principio de Soberanía Alimentaria dos pobos, como aspecto integrante e transversal dos catro campos de acción nos que decidimos organizar as nosas loitas. En alianza con Vía Campesina (VC), acordamos seguir profundando sobre este concepto e as implicacións que ten na vida das mulleres.

mmm Seguir lendo

Soberanía alimentar práctica: o rexurdimento da cultura da landra.

LandrasO pasado ano, Dennis Meadows, autor do libro Os límites do Crecemento comentaba nunha entrevista á revista Format que se ben a produción de alimentos medra dende os anos 90, a poboación o fai aínda máis rápido. Ademais, cada caloría que inxerimos leva dez calorías de combustibles fósiles no seu ciclo produtivo, mentres as reservas de combustibles fósiles diminúen. Ainda máis