O despropósito do ‘Ticket Eléctrico’ da Xunta: Non se xoga coas necesidades básica

Varios colectivos denuncian a inadecuación da estratexia da Xunta para acabar coa chamada pobreza enérxetica. O ‘Ticket Eléctrico’ é un esmola chea de atrancos que non van a orixe do problema: a especulación coas necesidades da xente.

muiños

Foto: Hernán Piñera

A Xunta de Galicia a través da propaganda e/ou a simulación pretende substituír os dereitos por esmolas. Lonxe de mudaren a desigualdade e a inxustiza crecentes, o goberno autonómico perpetúa coas súas políticas unhas estruturas que enchen os petos duns poucos a costa de facer negocios coas necesidades básicas de todas.

Un exemplo desta políticas é a convocatoria do ‘Tícket Eléctrico’: unha axuda para o pagamento de parte da factura eléctrica a familias con fillos menores a cargo con ingresos que non superen 798 €/mes ou 9.585 €/ano referidos a 2013.

Seguir lendo

Os cartos de todas para todas!

Dicímolo na rúa, dicímolo con razóns, dicímolo colectivamente e non pararemos ata que os poderes sintan que roubarnos as nosas vivendas, a nosa saúde, a nosa educación, as nosas pensións, os nosos dereitos, as nosas VIDAS… non lles vai ser doado.

Só en Galiza hai máis de 650.000 persoas por baixo do limiar da pobreza, mentres unhas poucas familias acumulan a riqueza de todas de modo insultante. Pero a crúa realidade que vivimos pode ter outra cara se somos quen de aglutinar forzas que traballen arreo pola transformación radical deste sistema asasino.

1.10.12.1 galizacontrainfo Ainda máis