O despropósito do ‘Ticket Eléctrico’ da Xunta: Non se xoga coas necesidades básica

Varios colectivos denuncian a inadecuación da estratexia da Xunta para acabar coa chamada pobreza enérxetica. O ‘Ticket Eléctrico’ é un esmola chea de atrancos que non van a orixe do problema: a especulación coas necesidades da xente.

muiños

Foto: Hernán Piñera

A Xunta de Galicia a través da propaganda e/ou a simulación pretende substituír os dereitos por esmolas. Lonxe de mudaren a desigualdade e a inxustiza crecentes, o goberno autonómico perpetúa coas súas políticas unhas estruturas que enchen os petos duns poucos a costa de facer negocios coas necesidades básicas de todas.

Un exemplo desta políticas é a convocatoria do ‘Tícket Eléctrico’: unha axuda para o pagamento de parte da factura eléctrica a familias con fillos menores a cargo con ingresos que non superen 798 €/mes ou 9.585 €/ano referidos a 2013.

Seguir lendo

Novidades na Lei de Seguridade Cidadá*

Devolucións en quente

devoluciones en calienteO Grupo Parlamentario popular presentou no último momento a emenda que inclúe na Lei de seguridade cidadá a legalización das “devolucións en quente” en Ceuta e Melilla. A Comisión de Interior aprobouna só cos votos a favor do Partido Popular, polo que se cambia pola porta de atrás a Lei de estranxeiría.

Seguir lendo

Contra a guerra en Siria. Non ás “Intervencións humanitarias”.

FreedomOposición ao dereito dun pobo a expresar a súa opinión como defensa da liberdade e a democracia; prohibición de manifestacións para facer respectar a liberdade de todos; privatización da sanidade para asegurar o dereito á asistencia médica universal; eliminación de bolsas e peche de escolas como máxima expresión da garantía de acceso á educación e, desde logo, intervencións militares, ataques e bombardeos á poboación civil feitos pasar por intervencións humanitarias. A perversa manipulación da linguaxe levada a cabo polo poder, para vendernos as cousas polo contrario do que son, non ten límites, confiando quizais na máxima de que unha mentira mil veces repetida, convértese en verdade. Ainda máis