Que é a soberanía popular?

soberanía_1Aeroxerador    autoconstruido    en    Malawi

Foto:whiteafrican

A soberanía é a capacidade que posúe un pobo para gobernar sobre si mesmo en tódolos eidos que lle atinxen (territorio, habitantes, leis…). O concepto de soberanía relaciónase directamente coas nocións de lexitimidade e independencia, fronte ao uso arbitrario do poder e ao dominio dun pobo sobre outro. Seguir lendo

Que é a Sanidade?

A sanidade é o conxunto de bens e servizos que se empregan para protexer e preservar a saúde das persoas.

Que é a saúde?

Dereito humano básico, inalienable e inexcusable no tempo do que debe gozar cada persoa no grao máximo. Este dereito establece que cada persoa debería ter acceso a unha atención sanitaria oportuna, aceptable, asequible e de calidade satisfactoria. O concepto de saúde non implica tan só unha ausencia de dolencias e enfermidades, senón, e sobre todo, un benestar físico e emocional. Ainda máis

Que son as pensións e a seguridade social?

As pensión da seguridade social son un mecanismo de solidariedade mediatizado polo Estado polo cal se protexe a quenes, debido á desigualdade no reparto da riqueza, de outra  maneira verían mermados os seus ingresos de forma significativa ou serían incluso excluídos do sistema. É a seguridade social a que nos protexe das consecuencias da enfermidade, dos accidentes no traballo, a maternidade, a invalidez, a vellez e o desemprego. Ainda máis

A Boia entrevista a… Daniel Ordás, avogado, escritor e político miliciano hispano-suízo

1. Que queres amosar co teu libro?

Que España e os españois somos maduros e estamos dispostos a asumir  responsabilidade. Que aprendemos a lección da crise e non volveremos deixar o noso país en mans duns poucos e sen o máis mínimo control. Para os que aínda dubidan quérolles demostrar que hai modelos alternativos, serios e viables. Ainda máis