Que é a pobreza?

pobreza1

Foto: Lorena Pajares

A Pobreza é a condición socioeconómica dunha poboación que non ten acceso aos recursos para satisfacer as necesidades psíquicas e físicas básicas que permiten
un nivel e unha calidade de vida axeitados (vivenda, alimentación, asistencia sanitaria,
educación, acceso á auga,…).

Pobreza vs  emprobrecemento.

A pobreza tense definido como un estado, circunstancia ou condición que xorde da incapacidade das persoas que a padecen. Esta concepción baséase na idea de que todas as persoas nacemos iguais e, polo tanto, temos as mesmas oportunidades.
Esta concepción, reforzada de sempre polos “valores” do capitalismo, implica que as persoas que viven en situación de pobreza son as únicas “culpables” da súa condición.

“As persoas teñen responsabilidade da súa situación no particular, pero son factores externos a elas os “responsables” da súa condición. Hai persoas
empobrecidas e non só persoas pobres.”

Fronte ao concepto pobreza, aparecería o concepto empobrecemento. O empobrecemento entende que ese estado no que as persoas son incapaces de satisfacer as necesidades básicas para ter un nivel e unha calidade de vida axeitados, non se debe tanto a factores relacionados coa persoa mesma senón a factores sociais, políticos e económicos que son os causantes do seu empobrecemento. Así pois enténdese que as persoas teñen responsabilidade da súa situación no particular, pero son factores externos a elas os “responsables” da súa condición. Falamos pois de persoas empobrecidas e non de persoas pobres.

Cales son as causas do empobrecemento ?

  • Capitalismo e globalización. O sistema global actual entende que as empresas son quen marcan as normas polas que se rexen as sociedades e, polo tanto, en último termo, as vidas das persoas. Así pois a mercantilización de todos os recursos, bens e servizos, sumado a unha concepción da vida na que do que se trata é de obter o maior beneficio económico posible (sen atender ás consecuencias que isto causa) fai que a riqueza mundial estea cada vez máis concentrada nunhas poucas persoas.
  • Menos do 1% da poboación mundial controla máis do 46% da riqueza mundial.
  • As 85 persoas máis ricas do mundo posúen o mesmo que as 3.500 millóns de persoas máis pobres.
  • 147 empresas controlan máis do 40% da economía global.
  • Falta de Educación. A educación dota ás persoas coas competencias que necesitan para mellorar os seus medios de vida, posibilita a participación na toma de decisións e na equidade e proporciona máis alternativas de emprego dentro da forza laboral na vida diaria.
  • 876 millóns de persoas son analfabetas (2/3 mulleres).
  • En 40 anos, nun país que ofrecera igualdade de oportunidades aumentaría o seu ingreso per cápita un 23%.
  • Se todas as mulleres cursaran :
    • + educación primaria a mortandade infantil reduciríase en 2/3 (189.000 mulleres salvarían a vida cada ano).
    • educación secundaria a mortandade infantil reduciríase nun 50% (salvaríanse 3 millóns de vidas ao ano).
  • Desastres naturais. O consumo desmedido dos recursos naturais, a desmedido dos recursos naturais, a sobrepoboación, a lexilación laxa contra os desmáns contra o medioambiente, a urbanización ou a mala distribución demográfica fan que o territorio sexa máis vulnerable aos desastres da natureza. Esta situación implica un menos acceso aos recursos naturais, alimenticios e á auga, e polo tanto incrementa o nivel de pobreza das persoas que os padecen.
  • Máis do 90% das mortes a causa de desastres naturais ocorreron nos países pobres.
  • 325 millóns de persoa empobrecidas en situación extrema vivirán nas zonas máis propensas aos desastres naturais máis propensas aos desastres naturais.
  • Guerras e Violencia. As guerras, invasións e conflitos armados soen implicar a destrución dos medios produtivos e das infraestruturas, a alteración da economía, o comercio nacional e internacional, aumenta a desocupación, morren e enferman persoas en idade de traballar, arruínanse recursos naturais, pérdense
    profesionais porque emigran cara a outros lugares,… E a consecuencia final é a ruptura dos lazos sociais e a ausencia de acceso á alimentación, á auga e ás
    condicións de saúde, mínimos.

pobreza2

Foto: Fernando Valenzuela.

“Infórmate e informa sobre as causas da pobreza, sinala aos maiores responsables e actúa para atallar o teu impacto no empobrecemento doutras persoas ”

E ti… que podes facer?

As persoas e pobos empobrecidos teñen unha casuística complexa que debemos comprender para darlle solución. Infórmate e informa ás persoas que te rodean sobre as causas e as consecuencias das situacións do empobrecemento. Pula por atallar ou reducir a través da túa actuación o teu impacto sobre o empobrecemento doutras persoas e pobos (consumo responsable,…). Participa nas diferentes campañas, iniciativas e accións que pulan pola súa fin. Actúa en organizacións e colectivos que busquen erradicar este mal endémico dende unha perpectiva de dignidade, xustiza e colaboración, que ao mesmo tempo se afasten da caridade.

Redacción.

Autodeterminación dos Pobos.

renanErnest Renan
“Unha nación é un plebiscito diario´´

Que é a autodeterminación?

O dereito de libre determinación dos pobos ou dereito de autodeterminación é o dereito dun pobo a decidir as súas propias formas de goberno, perseguir o seu desenvolvemento económico, social e cultural, y estruturarse libremente, sen inxerencias externas e de acordo co principio de igualdade. Ainda máis

Que é a cultura libre?

A cultura libre é un movimento que se xéra en radical resposta ás restriccións que impoñen os dereitos de autor. Propugna a liberdade na distribución e modificación do traballo creativo para así acabar coas restriccións que impoñen os dereitos de autor, pois enténdese que estos abafan a creatividade.

Que son os dereitos de autoría?

Os dereitos de autoría é un conxunto de normas e principios xurídicos que afirman os dereitos morais e patrimoniais das autoras polo só feito da creación dunha obra literaria, artística, musical, científica ou didáctica, ben sexa inedita ou publicada. Está recoñecido como un dos dereitos fundamentais na Declaración Universais de Dereitos Humanos. Ainda máis

Que son o transporte e a mobilidade?

O transporte é unha actividade das sociedades humanas, pola cal bens e persoas son trasladadas dun lugar a outro. O termo transporte ten un cariz económico e de gran escala; así o termo é habitualmente adxectivado polo sector económico no que se integra (transporte público, de mercancías, de gando,…) ou tamén pola natureza dos medios (transporte marítimo, aéreo,…) constituídos socialmente para tal fin (polo estado, as empresas,…). Ainda máis

Que é o fascismo?

O fascismo é unha ideoloxía e movemento político que pretende a superación da democracia e impedir o auxe do movemento obreiro. O obxetivo manifesto de cada un dos movementos fascistas é a abolición da diversidade política e social no seu país. Así pois, os fascistas, mediante a institución dun partido único, un estado forte e unha férrea encadramento social, pretenden impor un modelo nacional determinado, no que as ideas e persoas “antinacionais” son perseguidas e aniquiladas pola forza.

“O obxetivo manifesto de cada un dos movementos fascistas é a abolición da diversidade política e social no seu país.”

Ainda máis

Que é o cárcere?

Institución onde se interna ás persoas sentenciadas a través do sistema xurídico a unha privación de liberdade, permanente ou temporal, por non cumprir as leis establecidas polo goberno.

Cómo xorde o cárcere?

Nun principio, o concepto cárcere referíase a un lugar de custodia, onde o presos esperaban coñecer ou ver executada a súa condena.

Non será ate a Inglaterra do século XVI cando a prisión se afianza como método para cumprir pena, como foron as “Casas de corrección”, onde se xuntaban presos xulgados, vagabundos e enfermos mentais, coa finalidade de ser un lugar de rehabilitación cara á sociedade. Ainda máis

Que é o Feminismo?

Galiza contrainfoO feminismo é un movemento social, cultural e político que loita contra as inxustizas orixinadas polo machismo e o patriarcado e busca a igualdade entre as persoas independentemente do seu sexo e o seu xénero. Así pois, o feminismo procura rematar e superar todos aqueles aspectos da nosa sociedade nas que as persoas (independientemente do seu sexo e xénero) son agredidas, explotadas, invisibilizadas, minusvaloradas, sometidas e/ou impedidas pola ideoloxía e comportamentos machistas e o sistema patriarcal. Seguir lendo

Que son os dereitos humanos?

Os dereitos humanos son unha convención social que proclama a dignidade de todas as persoas en base a unha única razón: a súa condición humana.

dereitos humanos 1

Así, de forma xurídica, defínese a relación de cada individuo e colectivos coa sociedade universal á que pertencemos, fixando uns criterios fundamentais que aseguren a  dignidade, liberdade e realización de todas as persoas por riba de condicionantes particulares (orixe, sexo, cultura,…) Seguir lendo

A manipulación informativa.

manipulacion informativaSituación actual.

Se ben ata finais do século XX foron o compendio de prensa, radio, cine e televisión os conformaban a comunicación social, agora mesmo son principalmente os medios audiovisuais, os que ocupan unha posición dominante. Os medios en papel, que foran paulatinamente popularizados nas xeracións anteriores, están agora relegados. Hoxe en día, a formación do pensamento político das persoas faise principalmente a través da comunicación audiovisual da televisón, o cine, a web e as redes sociais (youtube, facebook,…). Ainda máis