A especulación urbanística causa o deterioro do Barrio do Cura

marea de vigoFoto: Marea de Vigo

A comezos do mes de novembro boa parte dos perpiaños de granito que conformaban os números 10, 11, 12, e 13 do Barrio do Cura. Este singular conxunto de vivendas populares do s XIX, que contaban con solainas, pórticos e lavadoiro comunal, foi declarado Ben de Interese Cultural no ano 2006, e leva (igual có resto do barrio) 15 anos en situación de abandono por parte dos seus propietarios, “Valery Karpin Asociados Inmobiliarios”, e máis polo Concello de Vigo, que é o responsable legal da súa conservación (Art. 4 Lei 8/1995).

“Nos últimos días esboroáronse boa parte dos perpiaños de granito que conformaban os números 10, 11, 12, e 13 do Barrio do Cura. Uns dos poucos elementos de patrimonio histórico que Concello e Karpin & Cía. pretendían conservar”

Seguir lendo

Festa de lanzamento do número 4 o sábado 6 de xullo.

cartel festa 4O próximo sábado día 6  as oito e media na Cova dos Ratos ( rúa Romil nº 3 ) montamos outra pequena festa para celebrar a saída do número 4 da revista. Además de boa compaña e boa conversa poderemos disfrutar da actuación de Tristecentos Versos, poesía e música a cargo de Silvia Penas, Elvira RIbeiro, Xabier Xil e Carina Posse. Tamén haberá rifas ( para disfrutar dunha cea para dous na Cova e dunha ilustración orixinal ), petiscos, etc animádevos e vinde a disfrutar do espectáculo.