Contra a desolasión…Revolusión!

No Val Miñor a revolución ten xeito de acción directa. Anxeles Bouzó comparte connosco a experiencia do “Comando Ghichas”, que está a concienciar á veciñanza do risco que é para todos o uso de agrotóxicos.

ghichasNo libro A Metamorfose de Kafka, ante a desolación que o protagonista sinte ante a súa vida, sucédelle de súpeto unha transformación: esperta do sono convertido en escarabello.

Estaría moi ben que cada quen se sorprendese espertando un día convertida en revolucionaria. Co puño en alto e o berro nos beizos. Claro que isto non sucede dun dia para outro, vaise alentando co feito de non ver cara a outro lado no decorrer dos días.

Hai moitos tipos de revolucións, dende as grandes e colectivas ata as pequenas e individuais. De carácter político, económico, social, ecolóxico. O caso é revolucionarse.

Seguir lendo

Hai quen vai ao monte e só mira leña…

montes_2

Vivo rodeada de monte. A cen metros da casa baixa un río, nas marxes hai salgueiros, castiñeiros, sabugueiros, carballos e todas as múltiples plantas que adoitan vivir nas ribeiras, sempre e cando as augas baixen limpas.Tamén, pintada de verde, para camuflarse? está a urbanización ilegal: os seis chalés que non poden venderse, á espera de ser legalizados… pero esa é outra historia. Cara arriba comezan as acacias, logo piñeiros e eucaliptos xuntos, máis alá só eucaliptais e, cara á esquerda, o monte que ardeu hai dous anos, azulado polo agromo, de novo, dos eucaliptos (28% da superficie arborada de Galicia). En fronte vexo unha zona extensa de solo queimado, onde intentan medrar carballos. A comunidade de montes decidiu eliminar as acacias talalándoas e botando herbicida. Quimioterapia?. Ainda máis