Amigos da Terra denuncia a destrución do Patrimonio Forestal na Ribeira Sacra

Amigos da Terra denuncia a devastación de 80.000 m² dun fermosa e valiosísima foresta na Ribeira Sacra. O monte é propiedade de IBERDROLA. Este atentado compromete a declaración como patrimonio da UNESCO desta bisbarra.

tala 2

Desfeita medio ambiental, “corta a feito” da mellor colección de árbores existente en pleno corazón da Ribeira Sacra ourensá. Centos de árbores de distintas especies cun forte impacto paisaxístico, patrimonial, arbóreo…moi preto de Santo Estevo de Ribas de Sil e a carón do lugar de interese comunitario (LIC) “Canóns do Sil”.

Seguir lendo

O actual sistema alimentario: impactos e alternativas.

logotipo_adtO modelo agroalimentario actual está baseado nunha industria globalizada causante de grandes impactos socioeconómicos e ambientais, que afectan especialmente aos países empobrecidos. O acceso a produtos fóra de tempada e a variados alimentos exóticos e tropicais, así como as políticas comerciais promovidas pola Organización Mundial do Comercio (OMC) e outros organismos internacionais, estimularon un modelo baseado na deslocalización da produción e na importación e exportación internacional de alimentos en detrimento dun modelo de produción e distribución local. Ainda máis