Colabora na revista

Hai moitas formas de colaborar na revista, e todas elas son benvidas. Na redacción valoraremos tódolos traballos que se reciban, así coma a súa inclusión ou non dentro dalgún número en concreto. As colaboracións deberán achegarse a revistaaboia@gmail.com como máximo o día 16 de cada mes para a súa valoración e inclusión no número do mes seguinte.

A continuación explicamos os tipos de colaboración coas que se pode participar:

Redactor / Escritor . Pola súa extensión podemos publicar tres tipos de artigos:

- Textos de opinión e información:
  • Artigo dobre páxina. Extensión entre 4000 e 4400 caráteres, Obrigatoriamente acompañados dunha imaxe de calidade (gráficas, fotos ilustrativas, deseños propios,…
  • Artigo dunha páxina: Entensión entre 1900 e 2300 caráteres, Preferentemente acompañados dunha/s imaxe/s.

- Reseña (dun “contido preexistente”… libro, blog, película, acto cultural,…): Entensión entre 800 e 1000 caráteres. Preferentemente acompañados dunha imaxe.

- Pezas líricas e narrativas. Que ocupen un A5. Preferentemente acompañados dunha imaxe.

Todos los textos deberán estar escritos en galego, así como ter que axustarse ás normas de estilo para acadar unha publicación homoxénea (aquí podes botar unha ollada ó libro de estilo). Tódolos textos revisaranse en busca de posibles erros .

Artista / Ilustrador / Fotográfo. Se queres aportar obras ou traballos propios deberás achegalos a través do mail da revista, ten en conta que as ilustracións da revista edítanse en tamaño A5, polo que hai unha certa limitación en canto ó tamaño das imaxes que podemos sacar.

Ademais as imaxes deberán ter unha resolución suficiente, mínimo de 300ppp, como para que no resultado final poida apreciarse correctamente.

Colectivo / Eventos. Se hai algún evento ou festa que queiras difundir , xa sexa unha manifestación , charla, obradoiro, espectáculo ou festa avísanos e incluirémola no noso almanaque.

Redacción / Distribución. Se queres formar parte da edición da revista ou na distribución da mesma estaremos encantados de darte a benvida, toda axuda será ben recibida e mellorará a calidade e a difusión do proxecto.

Corrector. Se o teu é a lingua tamén podés axudarnos coa corrección dos artigos e os textos que publicamos, tan só deberás manter a concordancia có libro de estilo da revista.