A rede de escolas polos dereitos humanos de Amnistía Internacional.

Hai catro anos Amnistia Internacional (AI) comeza un novo proxecto: levar o activismo en favor dos Dereitos Humanos (DDHH) á educación. Nace a Rede de Escolas polos DDHH. Na provincia de Pontevedra hai neste momento 15 centros educativos adscritos á mesma, dependentes do grupo local de AI enVigo.

educación“Trátase de involucrar e concienciar á mocidade na necesidade da defensa destes dereitos e facelos coñecedores de realidades que non aparecen nos medios de comunicación.”

Trátase de involucrar e concienciar á mocidade na necesidade da defensa destes dereitos e facelos coñecedores de realidades que non aparecen nos medios de comunicación nin nos libros de texto. O alumnado participa nas campañas propostas, na recollida de sinaturas, charlas, exposicións, recibindo e manexando información…

A campaña actual céntrase na crise en España e nos recortes, tanto no social como na liberdade, que está supoñendo: a vivenda, a sanidade, a educación, a falta de liberdade.

A Declaración Univeral dos Dereitos Humanos é unha utopía, o feito de que algún día se cumpla en todo o mundo non é crible, pero, que sucedería se ningunha persoa levantara a voz ou puxera en evidencia as desfeitas?, se ningunha loitara malia todo en defensa da xustiza, da igualdade… dos dereitos fundamentais? Como dicía Gandhi, “o peor ante o mal é o silencio da xente boa”.

O sistema educativo tería que involucrarse. Os dereitos fundamentais e os deberes que conlevan deberían estar presentes e practicarse na realidade dos centros. A materia que máis se achega de forma teórica a isto é a de Educación para a Cidadanía que desaparecerá en breve dado que non se considera importante! Pero hai moito profesorado implicado que busca ferramentas porque concibe a educación doutro xeito, a Rede de Escolas polos DDHH é unha delas.

Todo isto sen esquecer que a maneira natural que temos de aprender é a da imitación, polo tanto, para que a sociedade do futuro aprenda a defender os dereitos propios e alleos, o mellor é que a sociedade de hoxe poña en práctica esa loita.

Se pertences á comunidade educativa dalgún centro e che interesa esta proposta tes información no seguinte enlace: www.es.amnesty.org/redescuelas/

Autora Ánxeles Bouzó F. Educación AI-Vigo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *