O monte é noso _ Sachando procomún.

logo-peq-rojo2O Monte é noso_Sachando procomún  é un proxecto colaborativo e horizontal que procura a visibilización dos Montes Veciñais en Man Común (MVMC) e das Comunidades que os xestionan, así como a (re)apropiación destes montes por parte da veciñanza por seren os garantes na sustentabilidade dos territorios. Aspira a entender novos modelos de gobernanza como exemplo activo de procomún.

Os MVMC teñen como característica principal que a súa propiedade é comunitaria, nin depende do estado nin está en mans privadas: depende da colectividade que reside de forma cotiá nun territorio, o que vén demostrar que existen alternativas funcionando á propiedade público/privada.

A súa orixe pérdese no tempo e basáse no Dereito Xermánico, no cal cada un é propietario dun ben mentres vive nese lugar, perdendo os seus dereitos se traslada o seu lugar de residencia habitual. Oponse así á habitual propiedade herdada (Dereito romano).

 

Este tipo de propiedade está sendo ameazada pola agroindustria, por intereses políticos e pola mala xestión das comunidades, cunhas estruturas que non son ás veces transparentes.

Para realizar o proxecto contamos con 3 dispositivos:

  •  Cartografías: Un recurso online de partillamento de información sobre os MVMC.
  • LAR: Espazo de investigación dos mecanismos de xénese, xestión, participación,
    gobernanza e aproveitamento do MVMC no que fixemos unha wiki.
  • Residencias temporais de investigación, intervención e acción creativa nos MVMC a través da interacción coa contorna física e humana.

Os contidos de O Monte é noso_Sachando procomún entran en relación co que denominamos “patrimonio imaxinario dos montes”, e, nomeadamente, no que estes representan nos nosos imaxinarios.

Queremos partillar o proxecto para construir xuntos os dispositivos que permitan acadar os obxetivos de visibilidade, revalorización, reapropiación e disfrute do monte en  mancomún. Na nosa proposta priorizamos a implicación da comunidade local.

Chamamos ás Comunidades de MVMC que queiran participar e a todos os interesados en colaborar escriban a omontenoso@gmail.com ou nos visíten en www.montenoso.net.

Autoras Piñeiro de produción de O Monte é noso_Sachando no procomún.

Email this to someoneShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Unha reflexión sobre “O monte é noso _ Sachando procomún.

  1. Pingback: Entrevista ás colaboradoras d’A Boia | Revista A Boia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>