Galicia e a banca do Potosí.

Serra do Galiñeiro

Xa non abonda con cantar aquilo de Galicia, gran carallo de sal. En realidade Galicia vai camiño de se converter nun siniestro total por esfarelamento en fundido do queixo furado. A este paso conseguiremos comunicar subterraneamente con Yanacocha en Perú (ouro) ou coas antípodas neocelandesas en Waihi (ouro) amigándonos co pobo mongol de Baotou en China (terras raras) e mandándolle un hei carballeira! pola festa do patrón á parroquia de Barberton en Sudáfrica (ouro).

Sacha que sacha, fura que fura, a vosa á escravitude. Consellaría de Industria opina que Galicia é unha mina. Un neo-Potosí galaico onde conflúen múltiples intereses bancarios, financeiros, especulativos e xeopolíticos de primeira orde. Ameazados como estamos dende a publicación da orde do 7 de febreiro (DOG 15/02/2013), non hai recuncho que non se conmensure en cuadrícula mineira. Dende Corcoesto -Cabana de Bergantiños (ouro), pasando pola Limia (feldespato), a Terra Chá (seixo) a Serra da Groba (ouro) ou até a propia Serra do Galiñeiro (terras raras) os nomes oficiais dos protagonistas varían segundo a ocasión: Edgewater Corporation (Canadá), Minicer S.L., Erimsa (Noruega), Medgold (consorcio anglo-canadiano) ou Umbono (Sudáfrica). Capaces de mutar e transformarse en filiais máis manexábeis segundo as necesidades de cada zona, estas empresas son a expresión mineira de conglomerados bancarios capaces de dictar a folla de ruta a gobernos enteiros ou dominar os medios de comunicación habituais.

Existe ampla documentación de como a actividade mineira estraga todos os recursos acuíferos nas zonas afectadas orixina danos irreparables no subsolo que invalidan os modelos produtivos tradicionais xerando enfermidades, conflictividade social e viciando aínda máis o mercado laboral con prácticas próximas á escravitude.

Resulta xa que logo imprescindíbel unha presenza cidadá crítica que se articule activamente contra estas transnacionais esixindo un posicionamento científico de rigor á hora de avaliar os prexuízos que dela se derivan e demandando un comportamento político á altura das circunstancias. Hai demasiado en xogo.

http://serragalinheiro.wordpress.com/

Autora: Begoña Outeiro, Membro da Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro

 

Email this to someoneShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>