Contra a desolasión…Revolusión!

No Val Miñor a revolución ten xeito de acción directa. Anxeles Bouzó comparte connosco a experiencia do “Comando Ghichas”, que está a concienciar á veciñanza do risco que é para todos o uso de agrotóxicos.

ghichasNo libro A Metamorfose de Kafka, ante a desolación que o protagonista sinte ante a súa vida, sucédelle de súpeto unha transformación: esperta do sono convertido en escarabello.

Estaría moi ben que cada quen se sorprendese espertando un día convertida en revolucionaria. Co puño en alto e o berro nos beizos. Claro que isto non sucede dun dia para outro, vaise alentando co feito de non ver cara a outro lado no decorrer dos días.

Hai moitos tipos de revolucións, dende as grandes e colectivas ata as pequenas e individuais. De carácter político, económico, social, ecolóxico. O caso é revolucionarse.

No Val Miñor temos organizado un pequeño grupo revolucionario que vai medrando como as herbas. Comeza unha persoa, logo súmase outra e en breve xa somos algunhas, porque o importante das revolucións tamén é contaxialas.

Nesta primera andaina tratamos o temas dos herbicida, depois daŕemoslle ao TTIP, e logo virán outros. Hai tantos!

O procedemento é poñer a información diante da cara, facer que lle chegue á xente directamente.

Nesta zona rural pensamos que non abonda con internet, sobre todo se queremos ter incidencia na xente do campo que emprega o herbicida para os propios cultivos, para a “limpeza” das fincas ou das testadas das propiedades. Comprobamos que hai moita desinformación e moito facer inconsciente, debido ao interese das multincionais e fabricantes destes produtos que os disfrazan de inocuos.

Así que metemos os panfletos coa contrainformación nos buzóns das casas, nos parabrisas dos coches, pegámolos nas paradas de bus e nos centro veciñais, entregámolos na man, na praza de abastos, no mercado de rúa...Éste é o procedemento. Xuntámonos unha vez por semana e alá imos.

Se a algúen lle interesa esta pequena revolución, estes que seguen son os textos do panfletiños que poñemos á vosa disposición. Nós imprimímolos en tamaño cuartilla. Por diante os datos e por detrás as alternativas, das que tamén é importate dar información.

panfleto 1panfleto 2

 

Autoría: Ánxeles Bouzó Fernández, membra do ‘Comando Ghichas’

 

 

 

Email this to someoneShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>