Amigos da Terra denuncia a destrución do Patrimonio Forestal na Ribeira Sacra

Amigos da Terra denuncia a devastación de 80.000 m² dun fermosa e valiosísima foresta na Ribeira Sacra. O monte é propiedade de IBERDROLA. Este atentado compromete a declaración como patrimonio da UNESCO desta bisbarra.

tala 2

Desfeita medio ambiental, “corta a feito” da mellor colección de árbores existente en pleno corazón da Ribeira Sacra ourensá. Centos de árbores de distintas especies cun forte impacto paisaxístico, patrimonial, arbóreo…moi preto de Santo Estevo de Ribas de Sil e a carón do lugar de interese comunitario (LIC) “Canóns do Sil”.

A corta “A Feito”, foi detectada por nós a finais de marzo de 2015 no lugar de A Rasa-Loureiro, concello de Nogueira de Ramuín (Ourense), en pleno corazón dos Canóns do Sil (Ribeira Sacra) na zona de influencia do Lugar de Interese Comunitario (LIC Canóns do Sil).

Cortáronse polo pé centos de árbores, moitas delas de gran valor medio ambiental e patrimonial, nunha superficie de máis de 80.000 metros cadrados, especies de moi diversas especies tanto autóctonas como alóctonas (carballos, castiñeiros, bidueiros, cerdeiras, choupos, olmos, abetos, cedros, thuias, chamacyparis, criptomerias, acacias, plátanos híbridos…) algún dos exemplares centenarios, e árbores de ate 150 centímetros de diámetro. Estragaron e destruíron a mellor colección de árbores existente en toda a Ribeira Sacra, un ataque máis ao patrimonio arbóreo de Galicia, sen xustificación e presuntamente sen ningún tipo de autorización.

A corta é visible en quilómetros a redonda, unha desfeita medio ambiental, paisaxística e patrimonial na parte máis alta dunha das ladeiras da Ribeira Sacra. Un atentado ao patrimonio natural onde as distintas administracións públicas teñen que actuar (concello de Nogueira de Ramuín, Consellería do Medio Rural e do Mar, Consellería de Medio Ambiente e Infraestruturas, Confederación Hidrográfica Miño-Sil…).

Unha boa parte das árbores taladas foron plantadas cando se realizou a construción do Encoro de Santo Estevo de Ribas do Sil, tamén se cortou polo pé centos de árbores do que se coñece como “repoboacións hidrolóxico-forestais” repoboacións para evitar a erosión, a perda de solo, escorren tías…evidentemente con esta actuación as funcións sinaladas xa non se cumpren.

tala
Esta desfeita produciuse en propiedades privadas e en terreos propiedade da empresa hidroeléctrica “IBERDROLA”, no chamado “poboado de A Rasa” e na aldea de Loureiro (Nogueira de Ramuín).

Lembrar que o atentado e desfeita medio ambiental é unha total contradición co intento de declarar a Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, unha demostración máis da incapacidade, incompetencia, desleixo e falla de medidas axeitadas dos responsables políticos da provincia de Ourense e da Xunta de Galicia a hora de protexer a biodiversidade e os recursos naturais.

Dende Amigos da Terra imos realizar as correspondentes denuncias diante dos organismos responsables (Concello de Nogueira de Ramuín, Consellería do Medio Rural, Consellería de Infraestruturas e Medio Ambiente, Confederación Hidrográfica Miño-Sil).

Email this to someoneShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>