Enquisa ás colaboradoras d’A Boia

Como n’A Boia estamos de metamorfose, e somos un medio participativo, dende a editorial preguntamoslle ás colaboradoras habituais o seu parecer sobre a antiga e nova etapa d’A Boia.

portada17Portada feita por Skío para o nº 17 d’A Boia

>QUE SUPÓN A BOIA PARA TI?

- Joao Serdoura (activista de Verdegaia)

“Para min a Boia supón un medio de expresión independente orientado a promover unha crítica social construtiva.”

- José Moreno (activista de ECOAR))) e tripulación d’A Boia)

Para min supuxo unha oportunidade de aprendizaxe sobre cómo facer un medio de comunicación diferente e cómo xestionalo en grupo de xeito horizontal.”

- Ánxeles Bouzó (activista no Val Miñor, colaboradora habitual d’A Boia):

“Poder participar nun proxecto compartido. A posibilidade de expoñer ideas sobre aspectos que me preocupan. Repasando os artigos que enviei vexo que tratei temas que son moi importantes para min. Relacionados cos dereitos humanos: o traballo coa Rede de Escolas de Amnistía, a pena de morte, o racismo e a inmigración, a liberdade de expresión e a lei ‘mordaza’,….”

OLYMPUS DIGITAL CAMERAFoto enviada por Ánxeles: “O fento nace libre nos nosos montes e é un exemplo de fractal…, está feito de moitos iguais, mais pequenose infinitos”

———————

> POR QUE SE PRECISAN MEDIOS DE INFORMACIÓN INDEPENDENTES?

- Joao Serdoura (activista de Verdegaia)

Medios como a Boia son importantes porque son os que realmente reflicten a sociedade tal como ela é. Conseguindo desenmascarala dese disfraz que o poder tan ben sabe utilizar para a ir corrompendo”

- Ánxeles Bouzó (activista no Val Miñor, colaboradora habitual d’A Boia):

“Porque, en xeral, son os que sacan á luz o que normalmente o sistema oculta. E porque a diversidade é riqueza. E a liberdade de expresión necesita de canles. A revista A Boia sería un bo exemplo e ten como mérito engadido o feito de levarse adiante con moi escasos medios.”

- Xavier Núñez (activista social e músico membro da Metamovida)

Porque os medios xeralistas están controlados polo capital

as furnas_6Logo da Metamovida, un colectivo que enviou unha reseña ao nº 12 d’A Boia

———————

> QUE É O MÁIS INTERESE DUNHA PUBLICACIÓN COMO A BOIA?

- Francisco Veloso (militante antifascista e activista de ECOAR)))

“Calquera iniciativa de información independiente xa ten en si mesma un valor…A Boia ademáis ten o interese de que é un altofalante das iniciativas dos colectivos sociais”

- José Moreno (activista de ECOAR))) e tripulación d’A Boia)

“Sempre pensei que o máis interesante que pode ofrecer A Boia é que funciona como voceiro de xente e causas que buscan ser escoitadas. Ademáis, penso que é bó entendela coma un nexo de unión entre posturas, ideoloxías e activismos, un lugar onde estas posturas poidan enlazarse e coñecerse mutuamente.”

- Mª Luz Maset (activista feminista e republicana)

“Un dos maiores bens d’A Boia é que ten unha gran diversidade temática”

tarxeta acosoA Marcha Mundial da Mulleres empregou a nosa revista para denuncialo acoso sexual do presidente do ‘Club Leis 26′ ás xogadoras

 ———————

>QUE CRÉS QUE É BO INCLUIR NA NOVA ETAPA D’A BOIA?

- Mª Luz Maset (activista feminista e republicana)

“Estaria ben que A Boia fose nun formato máis grande e bimensual.”

- Xavier Núñez (activista social e músico membro da Metamovida)

Mellorar o calendario abrindoo a máis tipos de eventos e non so os que teñan contido político explícito. Tamén incidiría máis nas cuestións locais e de actualidade en Vigo.”

- Tecnoloxías Apropiadas (Laboratorio de Investigación en Liñas de Coñecementos Emerxentes):

Artigos sobre a realidade de Vigo e comarca: investigacións, opinións, denuncias,…actualidade da comarca de xeito crítico, como alternativa a ‘Faro de Vigo’ ou ‘Atlántico Diário'”

logo-peq-rojo2Tecnoloxías Apropiadas enviounos este artigo sobre o proxecto: “O monte é noso”, no nº 5 d’A Boia.

Email this to someoneShare on FacebookShare on Google+Tweet about this on Twitter

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>