II Festival Metamovida.

A Metamovida é un colectivo musical independiente e autoxestionado. Non somos unha productora, non somos unha discográfica. Somos un colectivo de músicos. So iso.

as furnas_6“Non somos unha productora, non somos unha discográfica. Somos un colectivo de músicos. So iso.”

O pasado 17 de Xaneiro enchimos a Sala  Capitol de Compostela coa nosa primeira “gran produción” o II Festival Metamovida. O cartel estivo formado por Cró!, Unicornibot, Guerrera e máis a Orquesta Metamovida; grupos do underground galego integrados por algúns dos músicos que, dende fai anos, construimos colectivamente a Metamovida.
Para todos nós, aquel día cumpriuse un soño.  No público había 500 persoas e moreas de amigas, todas elas entregadas coa música  e espirito da Metamovida. Pero tamén porque se completou unha producción artística de éxito: a entrada foi popular (10€, 4 bandas, 3h30min de espectáculo), sen que isto impedise que os músicos, e todas as demáis persoas que traballaron no evento, cobraran dignamente e tiveran os seus desprazamentos cubertos.

Para moitas de nós, o acontecido o pasado 17 de Xaneiro en Compostela, foi  unha proba de que o traballo colectivo e cooperativo na promoción, organización, coordinación e execución, permite aos  artistas escénicos autoproducir os seus eventos con éxito, independencia e a precios populares.

Xavier Núñez Bértolo, integrante da Metamovida.

Unha reflexión sobre “II Festival Metamovida.

  1. Pingback: Entrevista ás colaboradoras d’A Boia | Revista A Boia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *