A Boia entra nas cadeas

Dende o momento do seu nacemento na revista A Boia tivemos moi claro un dobre obxetivo: servir como voceiro de todalas causas, loitas, sensibilidades,… que normalmente non teñen espazo no medios de comunicación do sistema (precisamente por oporse ao sistema); e que as follas d’A Boia chegase ao maior número de persoas posibles.
Por isto último é que, ao final do mes, os exemplares d’A Boia que ainda quedan nas caixiñas espalladas pola nosa bisbarra, son cuidadosamente recollidos polas nosas colaboradoras de distribución co obxeto de ser posteriormente liberalos nas rúas, na universidade, no transporte e edifcios públicos, nalgunha lavandería, …

“En 2015 A Boia tamén chegará a persoas presas nas cadeas de Galicia”

Seguir lendo

Que é o Antiespecismo?

Definamos o antiespecismo por oposición ao especismo. O antiespecismo sería aquela ideoloxía contra a discriminación por razón de especie. A crenza de que a vida humana, e só ela, é “sacrosanta” constitúe unha forma de especismo, mais non a única. Na actualidade, a posición privilexiada que suscitan os animais de compañía tradicionais como os cadelos e os gatos con respecto a outros non humanos é vista tamén como unha forma de especismo. Esta posición é denominada polo abolicionista Gary Francione como unha sorte de “esquizofrenia moral” xa que consideramos algúns non humanos como membros da nosa especie mentres temos na nosa mesa a outrxs que non difiren deles.

“O antiespecismo é unha ideoloxía contra a discriminación dos animais por razón de especie”

equanimalFoto: Equanimal

Seguir lendo

Editorial: (anti)especismo

23Portada: Silvia Pérez (Shivi)

Unha vez pasado o 2014 habería que facer un hipotético reconto total do número de vítimas inocentes que inxustiza e a barbarie se cobraron nestes 365 días. A persoa encargada de computar esas cifras moi probablemente pasaría polo alto a porción máis importante desas vítimas, centrándose unicamente no xénero humano, polo que a ese resultado faltaríanlle bastantes ceros.

Seguir lendo

O patrimonio na rotonda, e os inútiles no poder

A actual polémica coa imposición do histórico arrastreiro “Bernardo Alfageme“ nunha rotonda de Coia, demostra unha vez máis a pobre comprensión que hai do Noso Patrimonio na nosa propia cidade.

southern-actorO Southern Actor (anteriormente IBSA I, baleeiro da Massó), buque baleiro de 65 anos, restaurado e mantido útilmente polo Museo da Balea de Sandefjord (42.000 habitantes)

Seguir lendo

Horarios de transporte metropolitano

logo verdegaiaO acordo baleiro de contidos co que finalizou a 20ª conferencia da ONU sobre a Mudanza climática celebrado en Lima é máis un reflexo da desidia coa que os gobernantes encaran este grave problema, ao mesmo tempo que demostran ser incapaces de apostar firmemente polas enerxías renovábeis.
Esa desidia tamén se manifesta nas administracións máis próximas, a lentitude na implantación do transporte metropolitano na área de Vigo é un claro exemplo de como en moitas ocasións as administracións públicas antepoñen intereses partidarios ao interese xeral.

Seguir lendo

De melenas e coletas

Seica houbo un melenudo que desafiou ao Imperio e aos falsos. A súa verba conciliadora prendeu coma lume nas xentes daqueles tempos convulsos. A represión brutal non poido con este movemento que falaba de paz, e Roma non tivo máis remedio que convertirse. Pouco despois, a capital de occidente “deixou a política” definitivamente, para ocuparse nos asuntos da fe, na lexitimación do poder real e na concesión de pasaportes ao ceo.

1.22.1 felixbernetFoto: Felixbernet

Seguir lendo