(No) Meio (do) Oriente

Con este texto dramático publicado por ‘Círculo Ediçoes’, Alonso Novelhe levanos a reflexionar sobre a soidade, a morte e o esquecemento….

libro

Com ‘(No) Meio (do) Oriente, Círculo Edições publica o seu segundo livro e o primeiro em teatro. Com este número principiamos a Coleção Knosos, pensada para divulgar este género literário. Género de grande projeção nos meios de comunicação e na sociedade pela sua expansão na realidade, por poder ser representado num cenário. Portanto, tem a
força do visual e do auditivo. Os sentidos gozam no máximo grau pela perfeição que exprime na representação imaginária, e oxalá num futuro próximo, na realidade.

Seguir lendo

“Cos pés de cemento”

Guión, produción e realización: Juan Pablo Forti e Manuel P. Sánchez.
Narradora: Lucía Cid Cabido. Axudante de Animación: Pedro Rodríguez Luaces.
Banda Sonora: GÜINTERVAN. Duración: 29’30’’

O  24 de xaneiro estreouse en Nigrán, na Casa Colorida, o documental “Cos Pés de Cemento”. O seu tema principal é a economía baseada no cemento, a especulación urbanística e a apropiación do común, pero reflicte tamén as mobilizacións sociais que xurdiron como defensa imprescindible. “Cando foi a explosión anticorrupción en Nigrán, e en tantos outros concellos, decidimos empezar a gravar. Percibiamos que por fin o sentimento da xente e o dos ecoloxistas comezaba a converxer. Iso foi o que nos deu os folgos, o tempo no activismo deunos os contactos.” (Juan P. Forti)

“O documentario ten como tema principal a economía baseada no cemento; pero reflicte tamén as movilizacións sociais que xurdiron como defensa ”

Seguir lendo

Ilustrisima’s

Coa intención de crear unha rede de difusión de coñecementos tanto históricos como actuais sobre o xénero feminino, Ilustrísima’s reivindica figuras que cómpre que sexan consideradas referentes, tanto por unha lectura positiva dos seus fitos como polo excéntrico e cruel dos seus actos.
A través de retratos de grandiosas damas, Ilustrísima’s convida aos seus lectores á marabillosa aventura do saber, introducindo xocosos comentarios que achegan certa información (non de todo fiable) sobre as aquí retratadas.

Seguir lendo

As primaveras do “barrio do cura“.

barriodocura

“As primaveras do Barrio do Cura” é un proxecto que dende o ámbito artístico fai un chamamento á cidadanía para facer fronte ao devastador proceso especulativo de Karpín e Cía.

Mediante videocreacións nas que participan cineastas, poetas, músicas e bailarinas locais, os breves clips mostran os valores do patrimonio histórico-cultural e da vida que aínda perdura no chamado “Barrio do Cura”: a rica auga da fonte da Barroca, a frescura que se sente no lavadoiro de Poboadores, a beleza da súas rúas centenarias, a feitura da arquitectura popular ou a vitalidade do verde que aínda medra e se cultiva na milenaria horta do convento de San Francisco… Trátase, tamén, de evocar as oportunidades que este anaco de Casco Vello podería ofrecernos a todas para producir, festexar, habitar, transitar, conservar, crear… se non fose malvendido e maltratado polo Concello.

Xa podedes ver o primeiro clip en http://vimeo.com/100652641… séguenos.

Colectivo As primaveras do “Barrio do Cura“

Revista que me narras.

quemenarras

Coñecémonos na sección de caza do Corte Inglés durante un mitin de Convergencia i Unió. Na produción da nosa instalación de tapas de iogures no MOMA sorprendeunos a crise da papaia indonesia (nós diciamos non).

O noso grande traballo interesoulle a importantes empresas como Cisco Systems, Gazprom e Frutas Katuxa. Recibimos un Nobel de literatura grazas a iso, compartido con Alexander Infojobs Senior (fundador do efectivo portal de traballo).

Ao destapar a relación entre Corea do Norte e Kenny G. chamamos a atención do F.M.I., que nos confiou o labor de desestabilizar o mundo árabe, as Azores, Perejil e Swazilandia.

Actualmente compartimos a nosa base coa sede de Al-Qaeda de Coia (a carón do Economato de Citroën). Se tes algún problema e nos atopas, quizais poidas contratarnos.
Siguenos en: https://www.facebook.com/quemenarras

Quemenarras Revista

“Caliban e a bruxa. Mulleres, corpo e acumulación orixinaria.”

1.14.4

Gustaríanos recomendar este libro, pois consideramos fundamental para comprender a situación actual na que nos atopamos entender o pasado e as loitas que nel se desenvolveron. Silvia Federici fálanos das movementos milenaristas e heréticos, a loita polo común, mulleres e a herejía, as loitas urbanas, a política sexual, o surximiento do Estado e a contrarrevolución, a privatización da terra, a depreciación do traballo feminino, a época da quéima de bruxas, a caza de mulleres… que se sucederon en Europa e no “novo mundo”. A historia das mulleres e da dura represión que sufriron non deixa de ser a mesma historia que esta sucedendo hoxe día, diferentes épocas diferentes medios
represivos, diferentes formas de resistencia e liberación.

Porque só a acción faranos libres…, Nin un paso atrás!!!
Pode descargar a obra en http://www.traficantes.net/libros/caliban-y-la-bruja

Cárcere=Tortura