A forza do colectivo, a riqueza da pluralidade

A Boia é unha pequena gran obra colectiva, chea de pluralidade e entusiasmo polo interes común no que colaboraron máis de 120 persoas.

Dende que en Abril de 2013 saiu do prelo o primeiro número da nosa revistiña, n’A Boia agradecemos, ou mellor dito congratulamonos (xa que a Boia somos todas nós), de que máis de 80 persoas individuais e 40 colectivos teñan participado nesta pequena gran obra de empoderamento popular.

2.7.3.1Ilustración da segunda entrega de “Govi, á busqueda dos restos da Balea Mecánica” (A Boia nº 7).

Ao longo de 24 meses cunha tirada media de entre 150 e 220 exemplares distribuidos en 30 locais de Vigo, Cangas, Moaña, Nigrán, Baiona, Gondomar e Pontevedra, a nosa voz de contracultura e pluralidade se teña espallado pola nosa comarca.

Parabens para todas as persoas que fixemos e estamos ainda a facer posible a alternativa na comunicación social:

Seguir lendo

Colabora na nova etapa d’A Boia

aniversario rojo 2A boia comeza nova etapa. Por cuestións económicas e organizativas retiramos as nosas caixiñas dos locais, pero isto non significa que A Boia non siga facendo Contracultura dende a Ría.

Igual que na fase anterior,TI PODES COLABORAR enviando as túas propias aportacións de contra-cultura en forma de artigos, reseñas, obriñas literarias e material gráfico de todo tipo.

Seguir lendo

Que é a Democracia?

A democracia defínese como o goberno do pobo, o goberno dos máis, en oposición a outras formas de goberno que supoñen os gobernos dunhas minorías, como resulta do goberno aristocrático, ou incluso dunha soa persoa, como as monarquías ou as tiranías/ditaduras.

“O concepto de democracia ofrece múltiples posibilidades de aplicación: dende a democracia directa, como nos ‘concellos abertos’, ata a representativa, onde a maioría non poden participar no proceso de decisións máis alo do voto”

Seguir lendo

Que son os Dereitos Dixitais?

Son os dereitos das persoas que se relacionan coa realización de accións lexítimas que comprenden o uso dunha computadora, todo tipo de dispositivo electrónico, ou unha rede de comunicacións. Relaciónase coa protección e cumprimento de dereitos existentes (dereito á privacidade, liberdade de expresión e información,…) no contexto das novas tecnoloxías dixitais.

“Dende mediados dos anos 90 hai un debate entre as persoas partidarias e opostas a regular internet”

Seguir lendo

Que é o Antiespecismo?

Definamos o antiespecismo por oposición ao especismo. O antiespecismo sería aquela ideoloxía contra a discriminación por razón de especie. A crenza de que a vida humana, e só ela, é “sacrosanta” constitúe unha forma de especismo, mais non a única. Na actualidade, a posición privilexiada que suscitan os animais de compañía tradicionais como os cadelos e os gatos con respecto a outros non humanos é vista tamén como unha forma de especismo. Esta posición é denominada polo abolicionista Gary Francione como unha sorte de “esquizofrenia moral” xa que consideramos algúns non humanos como membros da nosa especie mentres temos na nosa mesa a outrxs que non difiren deles.

“O antiespecismo é unha ideoloxía contra a discriminación dos animais por razón de especie”

equanimalFoto: Equanimal

Seguir lendo

Que é a Xentrificación?

Xentrificación é o nome que se lle dá aos procesos de transformación urbana polos que determinadas zonas estratéxicas dunha cidade aumentan artificialmente o seu valor, provocando o desprazamento da poboación economicamente vulnerable. Para este grupo a vivenda deixa de ser accesible na área revalorizada, sendo progresivamente empurrados cara á bisbarra ou zonas deprimidas. A “urbanalización” que lle segue, orientada ao consumo de espazos “desconflitivizados”, provoca a estandarización da paisaxe, a perda da identidade espacial, da memoria barrial, así coma a rachadura do tecido social.

“A xentrificación é a transformación artificial dun espazo urbano co obxeto de desprazar a poboación orixinaria e atraer a unha máis rica económicamente”

4078294934_2075aa0ed5_oDavid Madden
“O contrario da xentrificación non é decadencia urbana; senón a democratización do espazo urbano”

Foto: Darwin Bell

Seguir lendo

Que é a corrupción?

Praxis a través da cal solápase, promóvese ou realízase un mal uso do poder público para acadar unha vantaxe ou beneficio ilexítimos, frecuentemente de xeito segredo e privado (clientelismo, portas xiratorias, cooptación, subornos, fraude, lavado de cartos,…).

“O mal uso do poder público é un mal endémico global. Dous
terzos da poboación do planeta considera que vive nun sistema
corrupto.”

Seguir lendo

Que é a pobreza?

pobreza1

Foto: Lorena Pajares

A Pobreza é a condición socioeconómica dunha poboación que non ten acceso aos recursos para satisfacer as necesidades psíquicas e físicas básicas que permiten
un nivel e unha calidade de vida axeitados (vivenda, alimentación, asistencia sanitaria,
educación, acceso á auga,…).

Pobreza vs  emprobrecemento.

A pobreza tense definido como un estado, circunstancia ou condición que xorde da incapacidade das persoas que a padecen. Esta concepción baséase na idea de que todas as persoas nacemos iguais e, polo tanto, temos as mesmas oportunidades.
Esta concepción, reforzada de sempre polos “valores” do capitalismo, implica que as persoas que viven en situación de pobreza son as únicas “culpables” da súa condición.

“As persoas teñen responsabilidade da súa situación no particular, pero son factores externos a elas os “responsables” da súa condición. Hai persoas
empobrecidas e non só persoas pobres.”

Fronte ao concepto pobreza, aparecería o concepto empobrecemento. O empobrecemento entende que ese estado no que as persoas son incapaces de satisfacer as necesidades básicas para ter un nivel e unha calidade de vida axeitados, non se debe tanto a factores relacionados coa persoa mesma senón a factores sociais, políticos e económicos que son os causantes do seu empobrecemento. Así pois enténdese que as persoas teñen responsabilidade da súa situación no particular, pero son factores externos a elas os “responsables” da súa condición. Falamos pois de persoas empobrecidas e non de persoas pobres.

Cales son as causas do empobrecemento ?

  • Capitalismo e globalización. O sistema global actual entende que as empresas son quen marcan as normas polas que se rexen as sociedades e, polo tanto, en último termo, as vidas das persoas. Así pois a mercantilización de todos os recursos, bens e servizos, sumado a unha concepción da vida na que do que se trata é de obter o maior beneficio económico posible (sen atender ás consecuencias que isto causa) fai que a riqueza mundial estea cada vez máis concentrada nunhas poucas persoas.
  • Menos do 1% da poboación mundial controla máis do 46% da riqueza mundial.
  • As 85 persoas máis ricas do mundo posúen o mesmo que as 3.500 millóns de persoas máis pobres.
  • 147 empresas controlan máis do 40% da economía global.
  • Falta de Educación. A educación dota ás persoas coas competencias que necesitan para mellorar os seus medios de vida, posibilita a participación na toma de decisións e na equidade e proporciona máis alternativas de emprego dentro da forza laboral na vida diaria.
  • 876 millóns de persoas son analfabetas (2/3 mulleres).
  • En 40 anos, nun país que ofrecera igualdade de oportunidades aumentaría o seu ingreso per cápita un 23%.
  • Se todas as mulleres cursaran :
    • + educación primaria a mortandade infantil reduciríase en 2/3 (189.000 mulleres salvarían a vida cada ano).
    • educación secundaria a mortandade infantil reduciríase nun 50% (salvaríanse 3 millóns de vidas ao ano).
  • Desastres naturais. O consumo desmedido dos recursos naturais, a desmedido dos recursos naturais, a sobrepoboación, a lexilación laxa contra os desmáns contra o medioambiente, a urbanización ou a mala distribución demográfica fan que o territorio sexa máis vulnerable aos desastres da natureza. Esta situación implica un menos acceso aos recursos naturais, alimenticios e á auga, e polo tanto incrementa o nivel de pobreza das persoas que os padecen.
  • Máis do 90% das mortes a causa de desastres naturais ocorreron nos países pobres.
  • 325 millóns de persoa empobrecidas en situación extrema vivirán nas zonas máis propensas aos desastres naturais máis propensas aos desastres naturais.
  • Guerras e Violencia. As guerras, invasións e conflitos armados soen implicar a destrución dos medios produtivos e das infraestruturas, a alteración da economía, o comercio nacional e internacional, aumenta a desocupación, morren e enferman persoas en idade de traballar, arruínanse recursos naturais, pérdense
    profesionais porque emigran cara a outros lugares,… E a consecuencia final é a ruptura dos lazos sociais e a ausencia de acceso á alimentación, á auga e ás
    condicións de saúde, mínimos.

pobreza2

Foto: Fernando Valenzuela.

“Infórmate e informa sobre as causas da pobreza, sinala aos maiores responsables e actúa para atallar o teu impacto no empobrecemento doutras persoas ”

E ti… que podes facer?

As persoas e pobos empobrecidos teñen unha casuística complexa que debemos comprender para darlle solución. Infórmate e informa ás persoas que te rodean sobre as causas e as consecuencias das situacións do empobrecemento. Pula por atallar ou reducir a través da túa actuación o teu impacto sobre o empobrecemento doutras persoas e pobos (consumo responsable,…). Participa nas diferentes campañas, iniciativas e accións que pulan pola súa fin. Actúa en organizacións e colectivos que busquen erradicar este mal endémico dende unha perpectiva de dignidade, xustiza e colaboración, que ao mesmo tempo se afasten da caridade.

Redacción.

Que é a soberanía popular?

soberanía_1Aeroxerador    autoconstruido    en    Malawi

Foto:whiteafrican

A soberanía é a capacidade que posúe un pobo para gobernar sobre si mesmo en tódolos eidos que lle atinxen (territorio, habitantes, leis…). O concepto de soberanía relaciónase directamente coas nocións de lexitimidade e independencia, fronte ao uso arbitrario do poder e ao dominio dun pobo sobre outro. Seguir lendo